Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38470

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Tui (expediente IN407A 2012/167-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: rúa Coruña 20, 36700 Tui.

Denominación: ampliación de potencia CT Chao-Chao.

Situación: Tui.

Características técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación Chao-Chao, situado na rúa Maristas s/n, Tui, cun novo trafo de 400 kVA, RT 20 kV/400/230 V, quedando a instalación cunha potencia total de 800 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de xullo de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra