Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salceda de Caselas (expediente IN407A 2012/210-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: LMT, CT e RBT Entenza-A Arrotea.

Situación: Salceda de Caselas.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor RHZ1 de 15 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente nº 2 da LMT xeral Entenza-Aldegode e final no CT proxectado. Centro de transformación aéreo de 160 kVA, RT 20 kV/230-420 V, situado na Arrotea, Entenza, Salceda de Caselas. Redes de BT nos lugares da Arrotea, A Feira, Pazo e Barreiro, cunha lonxitude total de 520 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 31 de agosto de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra