Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38473

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Trabada (expediente IN407A 2012/75-2, 8043 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: A Xunqueira Eólica, S.L.

Domicilio social: pza. da Xesta, nº 3, planta 5, portal D, Oviedo.

Denominación: centro de seccionamento e repartición Vilarbetote (20 kV) e liñas soterradas de alimentación.

Situación: concello de Trabada.

Características técnicas:

– Un centro de seccionamento e repartición (20 kV) Vilarbetote, en edificio prefabricado Ormazabal PF-202 (sistema CGMCOSMOS).

– Cinco liñas eléctricas subterráneas, todas elas a 20 kV, con lonxitudes comprendidas entre os 25 e os 30 metros, en simple circuíto, canalización multitubular de nova construción, e condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-OL 12/20 kV 1 × 240 kAl + H16; que presentan, individualmente, as seguintes particularidades:

• LSAT Naraído desde sub. Vegadeo, con inicio no apoio existente nº 25 (A49725), dando continuidade á liña eléctrica aérea Naraído desde a subestación de Vegadeo, e con final no citado centro de seccionamento e repartición Vilarbetote.

• LSAT Naraído cara a CTI Naraído, con inicio no novo centro de seccionamento e repartición Vilarbetote e final no apoio existente nº 25 (A49725), dando continuidade á liña eléctrica aérea Naraído na dirección ao CTI Naraído.

• LSAT a CT estación de bombeo, con inicio igualmente no novo entro de seccionamento e repartición Vilarbetote e final na conversión aero-subterránea que se vai instalar no apoio existente nº 25 (A49725), dando continuidade á liña eléctrica aérea que alimenta o centro de transformación estación de bombeo, en Peigar.

• LSAT a CTI Goxe, co mesmo inicio e final na conversión aero-subterránea que se vai instalar nun apoio incluído en proxecto á parte (apoio nº 24), dando continuidade á liña eléctrica aérea que alimenta varias poboacións: centros de transformación de intemperie Refoxos, Lourido, Guiar, Braña de Guiar e Goxe (San Tirso de Abres).

• LSAT de Parque Eólico A Xunqueira, con inicio na conversión aero-subterránea que se vai instalar en apoio incluído en proxecto á parte (nº 24), dando continuidade á liña eléctrica aérea procedente do parque eólico A Xunqueira e final no novo centro de seccionamento e repartición Vilarbetote.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 20 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo