Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38450

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 21 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se empraza o interesado Vicus Urbe, S.L. para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación do procedemento que se relaciona no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, mediante este anuncio emprázase o interesado sinalado no anexo para ser notificado por comparecencia do acto administrativo derivado do procedemento que se indica.

O interesado, ou o seu representante, deberá comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Facenda de Vigo, con enderezo na rúa Concepción Arenal, nº 8, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 21 de setembro de 2012

Julio Pedrosa Vicente
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Interesado

NIF/CIF

Órgano tramitador

Procedemento

Vicus Urbe, S.L.

B36924462

Servizo de Inspección Tributaria

Actuacións de comprobación e investigación

Requirimento

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Expte.: T19531/08

Imposto sobre sucesións e doazóns

Exercicio: 2008