Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Venres, 5 de outubro de 2012 Páx. 38419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 10 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona a resolución de recurso de reposición pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia (José Rodríguez Villar).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónase resolución de recurso de reposición pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servizo Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, en aplicación do Real decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2012

Carlos Rodríguez Sánchez
Director xeral de Tributos

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Procedemento

José Rodríguez Villar

34584815-Z

Lugar Murzás, 15

32812 A Bola, Ourense

Resolución de recurso de reposición contra dilixencia de embargo