Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de setembro de 2012 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 24 de outubro de 2011 recaída no expediente IU2/102/2011-E1R1.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG número 59, do 27 de marzo), ditou o 31 de xullo de 2012 a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por Fernando Fernández Álvarez contra a Resolución do 24 de outubro de 2011, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sobre imposición dunha quinta multa coercitiva en relación coas obras realizadas polo recorrente na Arrotea (Pontellas), no termo municipal do Porriño, Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao citado interesado, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao citado interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado, que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística