Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38248

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de setembro de 2012 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente IU1/34/2011-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Jesús Lema Díaz, no expediente número IU1/34/2011-R1, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Mar de Fóra-camiño da Insua-, parroquia de Fisterra, no termo municipal de Fisterra, provincia da Coruña.

O expediente mencionado está á disposición do interesado nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións que xulgue procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística