Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos de subministracións e servizos.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se indican a continuación:

1. Expediente SXSI 03/12: subministración de armarios de carga para ordenadores ultraportátiles para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do proxecto Abalar.

Adxudicataria: Tecnologías Plexus, S.L.

Orzamento: 668.981,00 euros (sen IVE).

Data da adxudicación: 30.7.2012.

Data da formalización: 24.8.2012.

2. Expediente SXSI 08/12: servizo de atención remota aos usuarios de sistemas de información dos centros educativos non universitarios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Adxudicataria: Informática El Corte Inglés, S.A.

Orzamento: 631.660,66 euros (sen IVE).

Data da adxudicación: 10.8.2012.

Data da formalización: 31.8.2012.

3. Expediente SXSI 04/12: subministración dunha rede wi-fi para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do proxecto Abalar.

Adxudicataria: Tecnologías Plexus, S.L.

Orzamento: 262.200,12 euros (sen IVE).

Data da adxudicación: 5.6.2012.

Data da formalización: 28.6.2012.

4. Expediente SXSI 10/12: servizo de administración transversal dos sistemas informáticos que dan soporte aos centros públicos non universitarios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Adxudicataria: Altia Consultores, S.A.

Orzamento: 145.000,00 euros (sen IVE).

Data da adxudicación: 30.4.2012.

Data da formalización: 16.5.2012.

5. Expediente SXSI 11/12: servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades nas aplicacións informáticas de xestión de probas de acceso e admisión en ciclos formativos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Adxudicataria: Tecnocom Telecomunicaciones y Energía, S.A.

Orzamento: 190.000,00 euros (sen IVE).

Data da adxudicación: 30.5.2012.

Data da formalización: 16.6.2012.

6. Expediente SXSI 09/12: servizo de atención e soporte en centros aos usuarios de sistemas e servizos baseados en tecnoloxías da información dos centros educativos de ensinos non universitarios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia

Adxudicataria: Tecnologías Plexus, S.L.

Orzamento: 339.408,00 euros (sen IVE).

Data da adxudicación: 9.8.2012.

Data da formalización: 7.9.2012.

7. Expediente SXSI 12/12: servizo para o desenvolvemento de novos módulos de software da aplicación informática de xestión de ensinanzas (XADE), dos centros educativos non universitarios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Adxudicataria: Coremain, S.L.U.

Orzamento: 212.814,00 euros (sen IVE).

Data da adxudicación: 30.5.2012.

Data da formalización: 16.6.2012.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria