Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos de subministracións e servizos.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se indican a continuación:

1. Expediente SXSI 01/12: subministración de ordenadores ultra-portátiles (netbooks) para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia no marco do proxecto Abalar.

Adxudicataria: Informática El Corte Inglés, S.A.

Orzamento: 3.442.023,00 euros (sen IVE).

Data da adxudicación: 10.8.2012.

Data da formalización: 4.9.2012.

2. Expediente SXSI 02/12: subministración de ordenadores portátiles para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do proxecto Abalar.

Adxudicataria: Tecnologías Plexus, S.L.

Orzamento: 211.356,75 (sen IVE).

Data da adxudicación: 10.7.2012.

Data da formalización: 1.8.2012.

3. Expediente SXSI 05/12: subministración de encerados dixitais para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do proxecto Abalar.

Adxudicataria: Dominion Instalaciones y Montajes, S.A.

Orzamento: 179.598,51 euros (sen IVE).

Data da adxudicación: 28.6.2012.

Data da formalización: 20.7.2012.

4. Expediente SXSI 06/12: subministración de proxectores para os centros de ensino non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco do proxecto Abalar.

Adxudicataria: Tecnologías Plexus, S.L.

Orzamento: 198.951,00 euros (sen IVE).

Data da adxudicación: 28.6.2012.

Data da formalización: 20.7.2012.

5. Expediente SXSI 07/12: servizo de instalación, configuración e posta en marcha a nivel de usuario do equipamento tecnolóxico incluído no proxecto Abalar con destino aos centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Adxudicataria: Balidea Consulting & Programing, S.L.

Orzamento: 106.406,55 euros (sen IVE).

Data da adxudicación: 4.9.2012.

Data da formalización: 10.9.2012.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2012

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria