Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, por procedemento aberto e tramitación urxente, da obra de acondicionamento de local para oficina de emprego en Cangas (expediente 2012.14.FC.A).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio Advo. San Lázaro, s/n. 15781 de Santiago de Compostela, ou na web: www.contratosdegalicia.es

c) Teléfono: 981 54 01 13. Fax: 981 54 01 18.

Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: obra de acondicionamento de local para oficina de emprego situada na avenida de Vigo, número 136 de Cangas (Pontevedra).

3. Execución do contrato: catro meses, contados desde o día seguinte ao da comprobación da implantación da obra, agás que exista reserva fundada que impida o seu comezo.

4. Tramitación e procedemento: urxente e e aberto.

5. Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

6. Orzamento base de licitación: 335.033,57 €, máis 70.357,05 € (IVE). Total: 405.390, 62 €.

7. Valor estimado do contrato: 335.033,57 €.

8. Garantías exixidas: a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: importe do 5 % do orzamento base de licitación, máis IVE (20.269,53 €).

9. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional ou clasificación substitutiva: grupo C, subgrupo 4 e 6, categoría A (ver cláusula 5.3.1 do PCAP).

10. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o décimo terceiro día natural, ás 14.00 horas, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nas oficinas situadas nos Edificio Administrativo San Lázaro ou no de San Caetano, Consellería de Traballo e Benestar, en Santiago de Compostela (15781). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

11. Apertura de ofertas: a apertura do sobre número 2 terá lugar na sala de xuntas da consellería situada no Edifico Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela o sétimo día natural, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se trasladará ao primeiro día hábil seguinte.

Anunciarase no perfil do contratante e comunicaráselles aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre número 3.

12. Gastos de publicidade: 10,82 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012

P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar