Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012054TA-PO, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 7 de agosto de 2012, o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador 2012054TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Miguel García Cabezas, titular do establecemento Cafetería Thelonious.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Miguel García Cabezas, titular do establecemento Cafetería Thelonious, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento da mesma.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia, cta. contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recaudación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2012

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Nº de expediente: 2012054TA-PO.

Denunciado: Miguel García Cabezas, titular do establecemento Cafetería Thelonious.

DNI/CIF: 70039414-K.

Último enderezo coñecido: rúa Uruguay, 28, Vigo.

Feito imputado: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 42 da Lei 8/2008; artigos 7.u), 19.2 d), 19.3.b), 20.1 e disposición adicional terceira da Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 676 €.