Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2012 Páx. 38204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2012/067).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: rúa Nicaragua, 10, 3º esq., 15005 A Coruña.

Denominación: centro de manobra e distribución de Froxo (fase I).

Situación: concello da Laracha.

Características técnicas: novo centro de manobra e distribución en edificio de obra civil (en proxecto independente) que se situa na parcela de propiedade de Hidroeléctrica de Laracha, S.L., onde se instalarán dous bloques de celas de media tensión, un para distribución primaria formado por tres celas de interruptor automático, unha cela de acoplamento de barras e outras tres celas de interruptor automático, todas elas con illamento en SF6, e outro bloque de celas para a distribución secundaria formada por unha cela interruptor seccionador, dúas celas de interruptor automático, unha cela de interruptor pasante, dúas celas de interruptor automático, unha cela de interruptor seccionador e unha cela de protección con fusibles para o transformador de servizos auxiliares de potencia 25 kVA e con relación de transformación 20-15/0,4 kV, todas elas con illamento en SF6.

Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, con dous condutores de tipo RHZ1-2OL (S) 12/20 kV 3 (1×240) Cu canalizados baixo tubo cunha lonxitude total de 0,308 km, con orixe na cela de liña existente na subestación da Laracha, e final na cela de liña que se instalará no novo centro de manobra e distribución de Froxo proxectado, discorrendo pola canalización existente recollida nos expedientes 52.515, IN407A 2011/583 e IN407A 2011/296.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sito no Edificio Administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG nº 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial