Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37985

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 29 de agosto de 2012 pola que se autoriza a transmisión mortis causa e inter vivos da concesión e da batea Rial III.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Rial III e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes.

Primeiro. Mediante escrito do 27 de agosto de 2012, Manuel Rial Carou solicitou autorización para transmisión mortis causa e inter vivos da concesión e da batea Rial III.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro (DOG nº 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro) de pesca de Galicia, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión mortis causa de Ramona Sobrino Touriño (35340647-C) a favor de María del Carmen Rial Sobrino (78782442-J) 1/4 privativo e Manuela Rial Sobrino (33284223-A) 1/4 privativo, por herdanza e inter vivos de Manuel Rial Carou (33075174-R), a favor de María del Carmen Rial Sobrino (78782442-J) 1/4 privativo e Manuela Rial Sobrino (33284223-A) 1/4 privativo, por doazón da concesión e da batea que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rial III.

Localización:

Cuadrícula nº: 216.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas:

Mexillón (Mytilus galloprovincialis):

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 23.10.1959.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Manuel Rial Carou (33075174-R) e Ramona Sobrino Touriño (35340647-C) 100 % gananciais.

Novos titulares: María del Carmen Rial Sobrino (78782442-J) 1/2 privativo e Manuela Rial Sobrino (33284223-A) 1/2 privativo.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 29 de agosto de 2012

P.D. (Resolución 12.4.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar