Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37756

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2012 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello no segundo cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no segundo cuadrimestre do ano 2012, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2012

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Fundación Curros Enríquez e o Consello da Cultura Galega

Sen dotación económica

24.5.2012

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas externas dos estudantes das titulacións impartidas na Facultade de Xeografía e Historia

Sen dotación económica

29.5.2012

Acordo de colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade para a realización de accións de sensibilización que visibilicen e fomenten a presenza das mulleres galegas nos ámbitos da creación cultural e artística

4.500,00 €

3.6.2012