Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37762

III. Outras disposicións

Xunta Electoral de Galicia

ACORDO do 30 de setembro de 2012 polo que se toma coñecemento dos plans de cobertura informativa da corporación RTVE e da CRTVG para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012.

A Xunta Electoral de Galicia, na súa sesión do día 30 de setembro de 2012, tomou coñecemento dos plans de cobertura informativa elaborados pola corporación RTVE e a CRTVG para as eleccións ao Parlamento de Galicia do 21 de outubro de 2012, de conformidade co disposto no artigo 66 da Lei orgánica do réxime electoral xeral (LOREX) e na Instrución 4/2011, do 24 de marzo, da Xunta Electoral Central, de interpretación do artigo 66 da LOREX, no relativo ás garantías de respecto aos principios de pluralismo, igualdade, proporcionalidade e neutralidade informativa polos medios de comunicación en período electoral. Os plans atópanse na Secretaría da Xunta Electoral de Galicia, no horario de rexistro, á disposición dos representantes xerais das formacións políticas acreditados ante a devandita Xunta Electoral co obxecto de que, ata as 12.00 horas do martes 2 de outubro de 2012, poidan presentar os recursos que consideren pertinentes, de conformidade co disposto no punto quinto da devandita instrución.

Os recursos formulados en tempo e forma estarán á disposición das formacións políticas interesadas na Secretaría da Xunta Electoral para efectos de que poidan formular alegacións ata o mércores 3 de outubro de 2012, ás 10.30 horas.

O presente acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia en virtude do disposto no artigo 18.6 da LOREX e no punto quinto da referida Instrución 4/2011.

A Coruña, 30 de setembro de 2012

Miguel Ángel Cadenas Sobreira
Presidente da Xunta Electoral de Galicia