Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 7 de setembro de 2012, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expedientes DX-00038-I-2012 e DX-00057-I-2012).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan os acordos de incoación por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres porque, intentada a notificación, non se puido efectuar. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar á imposición das sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito ante a Subdirección Xeral de Inspección do Transporte o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas no prazo de quince días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran quince días contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, a súa contía reducirase nun 25 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións e a terminación do procedemento.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2012

Xosé Lluis Fernández Suárez
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

DX-00038-I-2012

Obstrución

Axente de inspección DX/002

Miramar Gran Turismo

B32309213

República Arxentina, 2, 1º, of. 3, 36201 Vigo, Pontevedra

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.
8.6.2012; 9.48

Art. 140.6 LOTT,

art. 197.6 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT,

art. 201.1.i) ROTT

4.601

DX-00057-I-2012

LU-5849-N

Axente de inspección DX/002

José Justo Ramallal López

33307410Y

A Torre, Meilán, 5,

27744 Riotorto, Lugo

Realizar transporte público en vehículo pesado, carecendo de autorización por non ter realizado o seu visado regulamentario.
9.8.2012; 13.08

Art. 140.1.2 LOTT,

art. 197.1.2 ROTT

Art. 143.1.i) LOTT,

art. 201.1.i) ROTT

4.601