Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2012 Páx. 37811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 5 de setembro de 2012, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador E.S.OU-11/12.

Mediante esta cédula notifícaselle á persoa que se menciona no anexo que con esta data resolvín publicar o acordo de incoación do expediente sancionador por infracción do réxime legal de vivenda protexida, por non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado poderá alegar canto considere conveniente e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula.

Ourense, 5 de setembro de 2012

José Manuel González García
Xefe da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: E.S.OU-11/12.

Responsable: Silverio González Atanes.

Enderezo: avda. da Habana, número 46-2º, 32004 Ourense.

Feitos imputados: polo incumprimento das exixencias relativas ao depósito da fianza concernente ao contrato de alugamento da vivenda protexida situada na rúa Valle Inclán, número 33-2º E, de Ourense.

Infracción: grave.