Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCION do 30 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Vimianzo (expediente IN407A 107/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Domicilio social: Casais, 20, 15129 Vimianzo.

Denominación: LMTS Gándara-Toxa.

Situación: concello de Vimianzo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.348 m, con orixe en cela de liña do CT Gándara (expediente 316/06) e final no apoio do CTI A Toxa (expediente 51.182), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de agosto de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña