Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 28 de setembro de 2012 Páx. 37679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 112/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio: rúa José Ángel Valente, nº 17, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: LMTS, CCT e RBTS As Minas (Touro).

Situación: concello de Touro.

Características técnicas:

LMT soterrada con orixe na LMT Arinteiro/expte. 2011/95 en cela de liña proxectada no CT3 e final en cela de liña no mesmo CT3, despois de realizar entrada e saída nos CT1 e CT2 proxectado en anel. Lonxitude: 445 m. Categoría: terceira. Condutor: RHZ1-2OL-12/20 kV-3 (1×240 Al). Tensión nominal: 20 kV.

CT1, CT2 e CT3 tipo: edifico prefabricado de formigón. Illamento: aceite mineral. Potencia: 630 kVA. Relación de transformación: 20/0,4 kV.

Saídas RBT soterrada dos CT1, CT2 e CT3 proxectados. Lonxitude: 695 m. Conductor: XZ1 0,6/1 kV (1×240 Al).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 30 de agosto de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña