Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Xoves, 27 de setembro de 2012 Páx. 37498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2012 pola que se aproba o documento da delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Pontedeume (A Coruña).

A Área de Explotación e Planificación Portuaria do ente público Portos de Galicia redactou e tramitou o documento de delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Pontedeume, instalación portuaria situada no termo municipal do mesmo nome, na provincia da Coruña, e adscrita ao ente público para a súa xestión. Este documento foi redactado de acordo coa súa nova formulación, prevista no artigo 96 da Lei 48/2003, do 26 de novembro, de réxime económico e de prestación de servizos dos portos de interese xeral do Estado, modificada pola Lei 33/2010, do 5 de agosto, aplicables ambas ao dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia na falta de lexislación autonómica propia.

Na reunión do Consello de Administración de Portos de Galicia, realizada o día 26 de xullo de 2012, este acordou dar a súa conformidade á delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Pontedeume, segundo o disposto no artigo 13.e) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento do ente público, modificado polo Decreto 83/2002, do 28 de febreiro, e o referido artigo 96 da Lei 48/2003, así como elevalo e propoñelo para a súa aprobación.

Unha vez vistos o expediente e o informe proposta da xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria de Portos de Galicia do 17.7.2012, que conta coa conformidade da Dirección do ente público, así como o acordo do Consello de Administración de Portos de Galicia que dá a conformidade á delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Pontedeume e o eleva e propón para a súa aprobación, o presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar, conferida por Orde do 30 de marzo de 2012, resolve:

Aprobar o documento da delimitación dos espazos e usos portuarios do porto de Pontedeume (A Coruña), redactado en setembro de 2011 polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Jacobo Lago Casais e polo arquitecto José Manuel Regueiro Grela, como autores, e pola enxeñeira de camiños, canles e portos xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria Ana Isabel Calzadilla Bouzón, como directora dos traballos da asistencia técnica.

O que se fai público en cumprimento do artigo 69.6 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia