Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 4 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no procedemento para declarar pola perda de dereito ao cobramento total da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 8.0.1.24 2010/52 (Orde do 27 de abril de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de servizos de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións, e se convocan para o ano 2010).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio dun procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 8.0.1.24 2010/52 (Orde do 27 de abril de 2010, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á implantación de servizos de aseguramento para a mellora integral da calidade do leite cru producido e recollido nas explotacións, e se convocan para o ano 2010).

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nas dependencias da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Producións Gandeiras, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 (Santiago de Compostela) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

Concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que coide conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012

Francisco Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 8.0.1.24 2010/52.

Interesado: Xertigan, SCG.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Momán, s/n, 27833 Xermade (Lugo).