Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 93/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS ordenación SMR-707.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea, CR Porta de Caranza-CT Manuel Murguía, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,111 km, con orixe en cela de liña existente en CR Porta Caranza (expediente 29.336), condutor tipo RHZ1 e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-714 tramo a CT Manuel Murguía (expediente 39/01).

Liña eléctrica de media tensión subterránea, CR Porta de Caranza-CT Esteiro, 12, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,111 km, con orixe en cela de liña existente en CR Porta Caranza (expediente 29.336), condutor tipo RHZ1 e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-707 tramo a CT Esteiro, 12 (expediente 50.401).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 21 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial