Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: proxecto de adecuación CT Autopistas del Atlántico, 7-8.
Situación: concello de Oleiros.
Características técnicas:
Adecuación de centro de transformación Autopistas del Atlántico, 7-8 (expediente 32.385), proxéctase a adecuación do centro de transformación intemperie sobre apoio de formigón existente, substituíndo o transformador por outro transformador de 100 kVA, e substitúese o cadro de baixa tensión existente por un novo interruptor tetrapolar automático, de acordo coa potencia do transformador. Substitúense as cadeas de illadores de vidro por novas cadeas con illador composite e procédese a desmontar os pararraios autoválvulas existentes en ferraxes independentes para instalalos sobre o transformador segundo o proxecto de adecuación CT Autopistas del Atlántico, 7-8 (expediente 32.385). (Concello de Oleiros).
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 21 de agosto de 2012
P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG nº 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial