Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36936

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se acorda a apertura do trámite de audiencia aos interesados na elaboración do anteproxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, comunícase que o proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, se atopa á disposición dos interesados para o cumprimento do trámite de audiencia, durante quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e na páxina web da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza http://cpapx.xunta.es/normativa-en-tramitacion

O que se fai publico para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2012

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza