Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx. 36860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/60-2, 8029 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Confederación Hidrográfica del Miño-Sil.

Domicilio social: rolda da Muralla, 131, 2º, dta., 27071 Lugo.

Denominación: proxecto de CT e LMTS a 20 kV para subministración da recirculación de auga tratada.

Situación: concello de Lugo

Características técnicas: LMTS (97 metros) e aloxada en bandexa (68 metros) a 20 kV, con orixe nunha cela de protección existente situada no CT Fangos e final no CT de recirculación, cunha lonxitude total de 165 metros en condutor tipo RHZ-240.

CT recirculación en edificio non prefabricado, cunha potencia de 1000 kva e unha relación de transformación de 20.000/400-230V, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 27 de agosto de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo