Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx. 36863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 9 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución dun expediente de reclamación eléctrica.

Notifícaselle, de conformidade co establecido nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ao interesado a resolución do expediente de reclamacións eléctricas que a continuación se relaciona, anexo, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A persoa interesada poderá comparecer na Xefatura Territorial, situada na rúa Curros Enríquez nº 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Ourense, 9 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

DNI/NIF

Enderezo

IN 635 A 2012/10

Agustín González Marquina

34934259L

Rúa Martínez Avellanosa, 17, 1º B

O Carballiño