Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx. 36781

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 14 de setembro de 2012 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011.

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 179, do 19 de setembro de 2012, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 36637 no sumario onde di:

«Orde do 14 de setembro de 2012 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as ...».

Debe dicir:

«Orde do 14 de setembro de 2012 pola que se convocan para a elección de destino provisional os/as ...».

Na páxina 36637 onde di:

«... ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar na sala D ...».

Debe dicir:

«... ao acto de elección de destino provisional que terá lugar na sala D ...».

Na páxina 36638 onde di:

«... seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles ...».

Debe dicir:

«... seranlles adxudicadas en destino provisional as prazas que lles ...».