Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2012 pola que se comunica o inicio do procedemento de incumprimento total e, se é o caso, a resolución de retención de pagamento a varios titulares de expedientes.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), por medio desta resolución ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución que o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas, e suspender os pagamentos naqueles expedientes que xa tivesen presentada a solicitude de cobramento ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e contra elas os titulares dos expedientes en que se acordou esta suspensión poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº de expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data da resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

L1/05.0081.0497.N.0004

Servilogística Comercial Europea, S.L.

Convenio leasing (Resolución do 27 de xaneiro de 2004; DOG nº 20, do 30 de xaneiro)

24.5.2012

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG104.2008.1.49

Núñez Ebanistas, S.L.

Proxectos dirixidos a mellorar a organización das pemes mediante consultoría de proceso e implantación de ferramentas de xestión de proceso soporte e cadros de mando (Resolución do 5 de febreiro de 2009; DOG nº 31, do 13 de febreiro)

9.3.2012

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG133.2010.1.391

Proxecta Espacios Únicos, S.L.

Axudas á implantación e certificación de sistemas de xestión ambiental, sistemas integrados de calidade e ambiente, excelencia empresarial e sistemas de xestión de seguridade da información cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 21 de maio de 2010; DOG nº 100, do 28 de maio)

16.7.2012

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos