Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36653

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 24 de agosto de 2012, do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-00413-O-2012 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa vixente dos transportes terrestres, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta a través dun ingreso en calquera oficina do BBVA, de Caixa Galicia, de Caixanova ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 24 de agosto de 2012

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00413-O-2012

9619-DNL

Garda Civil 1503 T-67277-V

Tres As Logística, S.C.

J70315817

Av. Vilaboa 183 Pl. 1 pta. B

15174 Culleredo. A Coruña

Realizar transporte público de mercadorías nun vehículo lixeiro, carecendo de autorización sempre que esta se solicitase, acreditando o cumprimento de todos os requisitos exixidos para o seu outorgamento, no prazo máximo de 15 días, que contarán desde a notificación do inicio do expediente sancionador.

3.2.2012; 10.15; N-651; 7,500

Art. 142.8 LOTT,

art. 199.8 ROTT

Art. 143.1.b) LOTT, art. 201.1.b) ROTT

201 euros

XC-00489-O-2012

1049-GGH

Garda Civil 1504 H-74822-F

Jaisuyoma Arias Bastos, S.L.

B36974889

Jenaro de la Fuente 43 ent.

36205 Vigo. Pontevedra

Exceso de peso sobre a MMA superior ao 6 % ata o 15 %, en vehículos de ata 10 tm. Exceso de peso superior ao 13 %.
30.1.2012; 9.32; N-550; 0080,500

Art. 142.2 LOTT, art. 199.2 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, art. 201.1.c) ROTT

371 euros

XC-00697-O-2012

GR-7716-AT

Garda Civil 1504 I-54077-K

Migratrans, S.L.

B18488882

r/ Circunvalación, 24

18007 Granada

Minoración ata o 20 % nos períodos de descanso diario obrigatorio (sobre 9 horas). Menos de 8 h a 7 h e 12 minutos.
22.2.2012; 18.25; N-634; 0709,500

Art. 142.3 LOTT, art. 199.3 ROTT

Art. 143.1.c) LOTT, art. 201.1.c) ROTT

400 euros