Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 19 de setembro de 2012 Páx. 36651

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 5 de setembro de 2012, do Servizo Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan, no procedemento de cancelacións da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Os titulares dispoñen dun prazo de 15 días para facer as alegacións que consideren pertinentes, e poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles no Servizo de Turismo da Coruña.

A Coruña, 5 de setembro de 2012

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa do Servizo Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: Vivenda Vacacional Lugar de Saa.

Titular: Xaquín López Gómez.

Enderezo: Lg. de Saa, 7.

Concello: Cedeira.

Establecemento: Vivenda Vacacional Casa Molino de Cerceda.

Titular: Emilio García Fernández.

Enderezo: Lg. O Pedamúa, 70.

Concello: Cerceda.

Establecemento: Vivenda Vacacional Casa de Agosto.

Titular: Óscar Rama Peiteado.

Enderezo: rúa Cereo Pousada, 6.

Concello: Coristanco.