Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de reparación da cuberta do mosteiro de Santa María de Melón, no concello de Melón (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 71, do 13 de abril de 2012.

1.2. Obxecto do contrato:

Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

Descrición: reparación da cuberta do mosteiro de Santa María de Melón, no concello de Melón (Ourense).

1.3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación: 159.976,30 €, IVE excluído.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20 de agosto de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 23 de agosto de 2012.

c) Contratista: DICSA Decoración, Instalaciones y Construcciones, S.A.U.

d) Importe de adxudicación: 148.305,08 €, IVE excluido.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2012

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria