Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 18 de setembro de 2012 Páx. 36530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica LMT e CT avenida do Parque, 10, no concello do Carballiño (expediente IN407A 2012/22-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32069 Velle.

Denominación: LMT e CT avenida do Parque, 10.

Situación: O Carballiño.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 6 m, con condutor RHZ1, con orixe na LMT ao CT Astureses, 23 (32CHX4) e remate na LMT ao CT Murcia (32ST92), con entrada e saída no CT proxectado non prefabricado avenida do Parque, 10 de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 28.457,08 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente.

Ourense, 24 de agosto de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense