Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato consistente no desenvolvemento do servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidades de Medicina do Traballo e Hixiene Industrial, en centros docentes públicos non universitarios dependentes dela.

En cumprimento do artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2012, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do contrato que se indica a continuación:

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

b) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17218

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición: servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidades de Medicina do Traballo e Hixiene Industrial, que se irá desenvolver en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) Lotes: non hai.

d) Publicación: DOG número 42, do 29 de febreiro de 2012, e corrección de erros DOG número 43, do 1 de marzo de 2012.

3. Tramitación e procedemento: urxente e aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 200.206,00 euros, conforme a seguinte distribución:

Medicina do Traballo:

Importe neto: 176.850,00 euros.

IVE: exento, conforme o artigo 20.1.3 da Lei 37/1992 do IVE.

Importe total: 176.850,00 euros.

Hixiene Industrial:

Importe neto: 19.793,22 euros.

IVE (%): 18 %: 3.562,78 euros.

Importe total: 23.356,00 euros.

5. Adxudicación.

a) Data: 2 de maio de 2012.

b) Contratista: Mugatra Sociedad de Prevención, S.L.U.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación:

Importe total: 157.875,00 euros, conforme a seguinte distribución:

Medicina do Traballo:

Importe neto: 135.750,00 euros.

IVE: exento, conforme o artigo 20.1.3 da Lei 37/1992 do IVE.

Importe total: 135.750,00 euros.

Hixiene Industrial:

Importe neto: 18.750,00 euros.

IVE (%): 18 %: 3.375,00 euros.

Importe total: 22.125,00 euros.

6. Formalización.

– Data: 28 de maio de 2012.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2012

P.D. (Orde 10.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria