Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36335

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Foz (expediente IN407A 2012/76-2, 8044 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Vilares Lugo, S.L.

Domicilio social: r/ San Roque, 59, entresollado B, 27002 Lugo.

Denominación: LMTS, CT Fonte da Cruz e RBTS para edificio sito na rúa Fonte da Cruz, nº 4-6.

Situación: concello de Foz.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV en canalización existente e proxectada, consistente en anelar entre o CT Ribadeo e o CT Volconsa o CT Fonte da Cruz (proxectado), cunha lonxitude de 140 metros de condutor proxectado tipo RHZ-240.

– CT Fonte da Cruz en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

– RBTS con orixe no CT Fonte da Cruz (proxectado) e final nas BTV do edificio, cunha lonxitude de 75 metros en condutor tipo RV-240 mm.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 27 de agosto de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo