Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental do Parque Eólico Alto da Croa-CO/11, no concello de Dumbría, na provincia da Coruña (expediente IN661A 2011/29-1).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, sométese a información pública a solicitude presentada pola empresa EDP Renewables Europe, S.L. para as instalacións que se describen a continuación:

Solicitante: EDP Renewables Europe, S.L.

Domicilio social: Plaza de la Gesta, nº 2, 33007 Oviedo.

Denominación do proxecto: Parque Eólico Alto da Croa-CO/11.

Municipio afectado: Dumbría (A Coruña).

Potencia que se instalará: 3 MW.

Orzamento total: 2.199.308,20 €.

Localización (área de afección):

Coordenadas poligonal do Parque Eólico Alto da Croa-CO/11

Vértice

Coordenadas UTM-ED50 (Fuso 29)

UTM X (m)

UTM Y (m)

V1

496.000,00

4.765.612,57

V2

495.097,75

4.765.612,57

V3

494.610,14

4.765.226,88

V4

494.818,81

4.764.865,06

V5

495.206,34

4.764.658,61

V6

496.000,00

4.764.658,61

Coordenadas do aeroxerador do Parque Eólico Alto da Croa-CO/11

Denominación

Coordenadas UTM-ED50 (Fuso 29)

UTM X (m)

UTM Y (m)

AC-01

495.258,69

4.765.093,73

Características técnicas das instalacións:

1 aeroxerador de 3.000 kW de potencia nominal unitaria con xerador síncrono, montado sobre fuste tubular metálico cunha altura de 94 m e un diámetro de rotor de 112 m.

1 centro de transformación de potencia unitaria 3.450 kVA e con relación de transformación de 0,65/20 kV, instalados no interior de torre do aeroxerador coa súa correspondente aparamenta de seccionamento, manobra e protección.

Obxecto da información pública:

A autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública das instalacións. Esta declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, a necesidade da urxente ocupación, para os efectos da expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

O estudo de impacto ambiental.

O proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados.

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figura no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación do anexo desta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidas, para que poidan examinar o expediente, na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, sita no Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2, 15071 A Coruña, e presentar as súas alegacións no prazo de trinta días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación ou da notificación individual.

Para idénticos efectos e no prazo de trinta (30) días que comezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, o estudo de impacto ambiental correspondente ás instalacións do Parque Eólico Alto da Croa-CO/11 poderase examinar nesta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, así como no Concello de Dumbría e na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Así mesmo, poderase examinar o proxecto de execución e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal no concello de Dumbría e nas dependencias desta Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña.

Unha vez finalizado o prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do previsto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación cos interesados que sexan descoñecidos, ou cando se ignore o lugar ou o medio da notificación ou ben, se intentada a notificación, non se puidese realizar, as dilixencias relativas ao expediente entenderanse co Ministerio Fiscal nos supostos previstos no artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

A Coruña, 3 de agosto de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO
Parque Eólico Alto da Croa-CO/11
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Termo municipal de Dumbría (A Coruña)

Predios

Titular catastral

Superficies afectadas en m2

Pleno dominio

Servidume

Orde

Parcela

Pol.

Lugar

Concello

Nome e apelidos

Zapata

Plataforma

Protección eólica

Voo

Camiño

1

137

5

Tras da Croa

Dumbría

Santaballa Lema, Francisco

 

 

1.871

 

 

2

138

5

Tras da Croa

Dumbría

Pérez Barrientos, Emerilda

 

 

586

 

 

3

139

5

Tras da Croa

Dumbría

Pérez Barrientos, Magdalena

 

 

464

 

 

4

140

5

Tras da Croa

Dumbría

Pérez Barrientos, José

 

 

280

 

 

5

154

5

Diante da Croa

Dumbría

Villar Vázquez, Aquilina

 

 

7.204

 

 

6

155

5

Diante da Croa

Dumbría

Mourelle Ramos, Jesús

8

144

47.964

3.776

473

7

156

5

Diante da Croa

Dumbría

Lema Trillo, Obdulia Clarisa

267

2.108

15.037

3.233

1.492

8

157

5

Tras da Croa

Dumbría

Costa Rodríguez, Carmen

 

 

841

 

 

9

158

5

Tras da Croa

Dumbría

Costa Rodríguez, María

 

 

1.686

 

 

10

159

5

Tras da Croa

Dumbría

Hermida Lado, Carmen

 

 

1.006

 

 

11

2

5

Tras da Croa

Dumbría

Hermida Baña, M. del Carmen

 

 

354

 

 

12

160

5

Tras da Croa

Dumbría

Hermida Baña, Antonio

 

 

476

 

 

13

161

5

Tras da Croa

Dumbría

Díaz Villar, Manuel

 

 

1.493

 

 

14

313

5

Tras da Croa

Dumbría

Mouzo López, Lidia

 

 

398

 

 

15

162

5

Tras da Croa

Dumbría

Trillo Díaz, Cristalina

 

 

919

 

8

16

163

5

Tras da Croa

Dumbría

Trillo Díaz, Severina

 

 

311

 

33

17

164

5

Tras da Croa

Dumbría

González López, Emilio Manuel

 

 

346

 

97

18

165

5

Tras da Croa

Dumbría

Santaballa Lema, Francisco

 

 

100

 

113

19

170

5

Diante da Croa

Dumbría

Pazos Caamaño, Alejandro

 

 

288

 

284

20

171

5

Diante da Croa

Dumbría

Caamaño Novo, Dorinda

 

 

161

 

212

21

172

5

Diante da Croa

Dumbría

Franco García, Preciosa Estrella

 

 

84

 

149

22

328

5

Diante da Croa

Dumbría

Franco García, José

 

 

73

 

205

23

173

5

Diante da Croa

Dumbría

Santos Trillo, Marina

 

 

9.643

 

616

24

174

5

Diante da Croa

Dumbría

Caamaño Castreje, Primitivo

 

 

9.834

 

652

25

175

5

Diante da Croa

Dumbría

García Costa, María

 

 

2.050

 

769

26

176

5

Diante da Croa

Dumbría

Díaz Villar Jesús

 

 

 

 

506

27

177

5

Diante da Croa

Dumbría

Maceiras Costa, Jesús

 

 

 

 

6.673

28

178

5

Diante da Croa

Dumbría

Costa Díaz, Carmen

 

 

 

 

90

29

331

5

Diante da Croa

Dumbría

Costa Díaz, José

 

 

 

 

60

30

332

5

Diante da Croa

Dumbría

 

 

 

 

 

168

31

333

5

Diante da Croa

Dumbría

Maceiras Costa, Jesús

 

 

 

 

189

32

 

 

Diante da Croa

Dumbría

Concesiones Mineras Cavisa

275

2.252

119.015

7.099

6.904

Zapata, plataforma: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

Voo: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

Camiño: servidume de paso das vías polas que circularán os transportes durante a construción do parque, así como durante a súa etapa de mantemento.

Protección eólica: superficie de protección eólica. Terreo protexido desde o punto de vista eólico para permitir a libre circulación do vento nas proximidades do aeroxerador.