Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36088

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 183/2012, do 13 de setembro, polo que se dispón que cese María Carmen Pardo López como secretaria xeral para o Turismo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 26 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de setembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, e con efectos do día dezasete de setembro, María Carmen Pardo López, como secretaria xeral para o Turismo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, trece de setembro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza