Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36087

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 182/2012, do 13 de setembro, polo que se dispón que cese Susana López Abella como secretaria xeral da Igualdade.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e no artigo 26 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día trece de setembro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, e con efectos do día dezasete de setembro, Susana López Abella, como secretaria xeral da Igualdade, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, trece de setembro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza