O 7.8.2012 a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador 2012183AL-CO, incoado a Poulet Royal, S.L.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Poulet Royal, S.L. o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e derradeiro de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840. Código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 23 de agosto de 2012
P.A. (Resolución 23.5.2012)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión
ANEXO
Nº de expediente: 2012183AL-CO.
Interesada: Poulet Royal, S.L.
DNI/NIF/CIF: B15592017.
Derradeiro enderezo coñecido: Parque Empresarial de Melide 107-108, 15800 Melide.
Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos: a) Artigo 35.a).1ª e 3ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e artigo 41.a) e h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. b) Real decreto 54/1995, do 20 de xaneiro, en que se establecen normas para a protección dos animais no momento do seu sacrificio ou matanza, modificado polo Real decreto 731/2007, do 8 de xuño, que modifica determinadas disposicións para a súa adaptación á normativa comunitaria sobre pensos, alimentos e sanidade dos animais: artigo 3, 4, 5.1.c) e d) e artigo 6, e anexo C.II.3.B) 2º e anexo D.1.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 3.000 € (tres mil euros).