Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 14 de setembro de 2012 Páx. 36049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2012112TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 7.8.2012, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2012112TA-CO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Mª del Carmen Valcárcel Blanco.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Mª del Carmen Valcárcel Blanco o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 23 de agosto de 2012

P.A. (Resolución 23.5.2012)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión

ANEXO

Nº de expediente: 2012112TA-CO.

Interesada: Mª del Carmen Valcárcel Blanco.

DNI/NIF/CIF: 33854694M.

Último enderezo coñecido: Ronda de Outeiro 230 bis, 15007 A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Sanción proposta: declaración de non existencia de responsabilidade.