Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de agosto de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador e de reposición da legalidade SIL/82/2012 a Antonio Sueiro Cameselle, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o destinatario.

A xefa do Servizo de Inspección do Litoral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 11 de xullo de 2012, acordou a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade número SIL/82/2012, entre outros, a Antonio Sueiro Cameselle, por actuacións abusivas sen a preceptiva autorización autonómica dentro da servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar das Tomadas, O Hío, termo municipal de Cangas (Pontevedra).

Ao non se poder realizar a notificación persoal do dito acordo, mediante a presente cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o dito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que se pretenda valer.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística