Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilanova de Arousa (expediente IN407A 2012/202-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CT Loureiro-Río Pequeno.

Situación: Vilanova de Arousa.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 21 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado nº 1 bis CH 630-11, que se intercala entre os apoios 1 e 2 da LMT aérea CBD-803 derivada ao CT Sobreira, e final no CT proxectado Loureiro-Río Pequeno. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 KV/400-230 V, situado en Río Pequeno, Mouzos, Vilanova de Arousa. Retensado dos vans aéreos anterior e posterior ao apoio proxectado nº 1 bis CH 630-11.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de agosto de 2012

P.A. (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial