Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica recuamento da LMT ao CT Campobecerros novo trazado AVE no concello de Castrelo do Val (expediente IN407A 2012/39-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización dunha instalación de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: recuamento da LMT ao CT Campobecerros novo trazado AVE.

Situación: Castrelo do Val.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV de 280 m con condutor tipo LA 56/45,6 mm2 con orixe na LMT existente ao CT (32AK64 Campobecerros) no poste proxectado (X: 637382) (Y: 4658391) e remate na mesma liña no poste proxectado (X: 637530) (Y: 4658630). Orzamento: 12.885,39 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 22 de agosto de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense