Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35903

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2012148TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data 7.8.2012 o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2012148TA-CO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Thania Franca de Oliveira.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Thania Franca de Oliveira o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 23 de agosto de 2012

P.A. (Resolución 23.5.2012)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión

ANEXO

Nº de expediente: 2012148TA-CO.

Interesada: Thania Franca de Oliveira.

DNI/NIF/CIF: X7671662N.

Último enderezo coñecido: rúa Panasqueira, nº 1, P- 4, 1º D, Milladoiro, 15895 Ames.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: a) artigo 35.b.2) da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e artigo 42.e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. b) Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro: artigo 7.u), artigo 19.3.b).

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 601 € (seiscentos un euros).