Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 11 de setembro de 2012 Páx. 35751

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de agosto de 2012 pola que se notifica a resolución do recurso de reposición no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/13/2011, devolta polo órgano notificador por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora, ditou, o 2 de agosto de 2012, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por Celeste Carreira Pérez, en nome e representación de Gregorio Montes Caínzos, Amparo Pena Balsa e Mario Morado Torres, contra a Resolución do 14 de novembro de 2011, da directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coa legalización da apertura dun camiño levada a cabo no lugar de Malló de Xiá, no termo municipal de Guitiriz.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución aos interesados, en calidade de denunciantes, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2012

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística