Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012 pola que se modifica a Resolución do 10 de agosto de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario e procedemento aberto con varios criterios de valoración, para a adxudicación dos contratos non suxeitos a regulación harmonizada de execución das obras públicas hidráulicas de saneamento de clave OH.232.509 e dúas máis, cofinanciados polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, nun 50 % a través do convenio específico asinado o 7 de maio de 2012, para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 156, do 17 de agosto de 2012, cómpre facer a seguinte corrección no texto do anuncio:

Na páxina 33139, na liña 25, referida á solvencia técnica da obra «liña de media tensión, centro de transformación e liña de baixa tensión. Bombeo de auga Mesón de Herosa. A Gudiña (Ourense)» e número de expediente OH.232.747, onde di: «grupo E, subgrupo 5, categoría b», debe dicir: «grupo I, subgrupo 5, categoría b».

O novo prazo de admisión das proposicións para a contratación desta obra, número de expediente OH.232.747, rematará o 9 de outubro de 2012 e as datas e horas correspondentes ás aperturas en acto público do sobre B será o 22 de outubro de 2012, e do sobre C, o 29 de outubro de 2012, ás 9.00 horas en ambos os casos.

Mantéñense invariables as outras dúas contratacións e o resto do contido do anuncio de licitación non afectado por esta corrección.

Esta resolución publicarase, así mesmo, no perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo?N=216

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia