Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35662

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2012/216-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: modificado LMTS, CT Redondela Axencia.

Situación: Redondela.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ de 34 metros de lonxitude, con orixe na LMTS RED 7130072 e final na LMTS RED 7130081, unha vez entre e saia do CT proxectado Redondela Axencia. Centro de transformación subterráneo, de 2.000 kVA (dous trafos de 1.000 kVA), RT 15 kV/400-230 V, situado nun terreo do nº 6 do paseo da Xunqueira, Redondela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 29 de agosto de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra