Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35688

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Silleda

ANUNCIO de solicitude de licenza para cambio de uso de nave industrial de Gallega de Gases y Soldadura, S.L.

Antonio Espigó Pérez, en representación de Gallega de Gases y Soldadura, S.L., presentou neste concello solicitude de licenza para o cambio de uso de nave industrial que estaba destinada a almacén de pedras de mármore e sanitarios e que se destinará a almacén de botellas de gases comprimidos e depósito crioxénico de gas carbónico, situada na parcela 3, quinteiro 5, marxe B, do parque empresarial Área-33 (Silleda). En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente a exposición pública durante o prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; estará exposto no taboleiro de anuncios do concello e poderá consultarse no Departamento de Urbanismo deste concello os días laborables das 9.00 ás14.00 horas, todo iso para os efectos de posibles reclamacións.

Silleda, 10 de agosto de 2012

Paula Fernández Pena
Alcadesa presidenta