Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2012 Páx. 35689

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012, da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, pola que se fai pública a formalización do contrato que se cita.

Para os efectos do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

– Nº de expediente: CGSIB/001/12/SU/CD.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: subministración para o equipamento e amoblamento do centro de día e fogar residencial de Cerceda.

Importe de adxudicación: 138.123,88 €, IVE incluído.

Adxudicataria: Ávaco Equipamiento Integral, S.L.

Data de formalización do contrato: 31.8.2012.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: mellor oferta técnica e económica de todas as presentadas.

Para máis información, consúltese a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar