Vistas as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 27 de xuño de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 3 de xullo), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar a relación provisional de solicitantes admitidos e excluídos do concurso, para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de estatística e do corpo de xestión da Xunta de Galicia, escala técnica de estatísticos.
A lista de solicitantes admitidos encóntrase á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas do Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.
A lista de excluídos figura como anexo desta resolución.
Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións que irán dirixidas á Dirección Xeral da Función Publica, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.
Os solicitantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.
Os solicitantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión, serán definitivamente excluídos.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2012
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
1º apelido |
2º apelido |
Nome |
NIF |
Izquierdo |
Valverde |
María |
44466591R |
Código causa: 13.
Causa de exclusión: non cumpre o tempo exixido no posto definitivo.