Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 4 de setembro de 2012 Páx. 35149

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes de extensión pesqueira e do Servizo de Gardacostas de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 27 de xuño de 2012.

Vistas as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 27 de xuño de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 126, do 3 de xullo), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as relacións provisionais de solicitantes admitidos e excluídos do concurso, para a provisión de postos de traballo vacantes das escalas de axentes de extensión pesqueira e do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A lista de solicitantes admitidos atópase á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es), na epígrafe función pública.

A lista de excluídos figura como anexo a esta resolución.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións que irán dirixidas á Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Os solicitantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación.

Os solicitantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden os defectos motivo de exclusión serán definitivamente excluídos.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Motivo da exclusión

Baliñas

Pazos

José Antonio

35442755P

84

Codesido

Vilar

Juan Carlos

32637943T

84

Escudero

Dans

David

32835913D

84

Formoso

Dosil

Adelino

33213136D

72, 84

García

Pérez

Juan Manuel

32767432E

84

Navia

Tourís

José Luis

35452381C

84

Ordás

Patiño

Gerardo

35419083A

84

Piñeiro

Pouso

Ramón Javier

33274192T

84

Romero

Lojo

José Emilio

76517570C

21

Veiga

Bellón

Raúl

32658533M

84

Ventoso

Sieira

José Luis

52451818L

84

Cód. causa

Causa exclusión

21

Falta de sinatura da solicitude

72

Presenta dúas instancias

84

Nomeamento provisional-proc. selec. ordes do 29.11.2001